3.3.11

Ribeira: a homenaxe á Muller Traballadora terá como protagonistas ás coidadoras de dependentes

Muller_traballadora

Ribeira, 3 de marzo de 2011.- Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello realizará unha homenaxe ás coidadoras de persoas dependentes do municipio ao entender que "non sempre se sabe valorar como se merece o labor tan sacrificado que realizan estas persoas, entre as que predomina, e con moito, o sexo feminino", segundo explicou esta mañá nunha rolda de prensa a concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, Esther Patiño, quen estivo acompañada da directora do Centro de Información á Muller, María Dolores Crujeiras. 

Aínda que o Día Internacional da Muller Traballadora é o 8 de marzo, esta homenaxe desenvolverase no Auditorio Municipal o próximo venres 11 de marzo, evitando así a celebración do acto nun martes de Entroido que é festivo local. Será a partir das 18.30 horas. 

As persoas coidadoras que acudan ao mesmo recibirán uns diplomas conmemorativos e uns agasallos como agradecemento polo seu sacrificio. Ademais, haberá unha charla sobre masaxes terapéuticos a cargo da profesional do ramo Elena Isabel Lagoa Pazos. 

Os grupos de baile e de cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Ribeira encargaranse de amenizar a acción, que rematará cun pincho. 

A organización estima nun centenar o número de coidadoras que acudirán á celebración. Non obstante, todas as interesadas en participar poden inscribirse chamando ao número de teléfono do CIM de Riveira, 981 874 131, ou no correo (cim@riveira.com).

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Publicar un comentario

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical