25.1.12

A Pobra: o Bng leva de novo a pleno preguntas sobre verteduras industriais

Media_httpfarm4static_awkye

As denuncias da oposición pobrense sobre verteduras son continuas
 
A Pobra do Caramiñal, 25 de xaneiro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego rexistrou esta mañá varias preguntas sobre verteduras industriais neste municipio para que sexan respostadas en pleno este xoves, 26 de xaneiro.

Son as seguintes:


Rosana Pérez Fernández, concelleira e portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego nese Concello presenta, para a súa resposta na vindeira sesión plenaria ordinaria, as seguintes 

PREGUNTAS: 

      A mediados do pasado mes de decembro tivo lugar –por enésima vez nos últimos anos-  un gravísimo verquido industrial que practicamente provocou o colapso da EDAR municipal e que estivo a piques de causar un novo atentado ecolóxico e económico no noso concello. 

      A pesar da normativa municipal, das incontábeis denuncias do BNG e de moitas e moitos veciños particulares, e dos innumerábeis informes de distintos organismos, o Goberno Municipal, continúa, despois de 12 anos, consentindo o incumprimento sistemático da lei e, o que é peor, que o noso medio ambiente e distintos e importantes sectores económicos se vexan afectados por este tipo de prácticas unha e outra vez. 

      Nesta última ocasión, e como en todas as anteriores, non houbo, que se saiba, ningunha consecuencia para os infractores. Como xa ben sendo costume, o Goberno local limítase a advertir propagandísticamente todas as acción que vai levar a cabo e que, finalmente, nunca efectúa. O anuncio, por parte desa Alcaldía nos últimos días, dunha ampliación da EDAR lévanos, inevitabelmente, a concluír que sigue sin querer exercer as súas competencias e poñer punto final a este despropósito. Máis ben ao contrario, o que se pretende, de novo, é investir cartos de todas e de todos para seguir beneficiando a unhas empresas e a uns empresarios moi determinados que, parece, son os que marcan a “folla de ruta” do Goberno Municipal a costa do conxunto da cidadanía. 

            Á vista do exposto, 

      1.- ¿Qué actuación concretas levou a cabo o Goberno Municipal despois dos gravísimos verquidos industriais producidos no mes de decembro para dar cos causantes dos mesmos?. ¿Abriuse, dende o Concello, o pertinente expediente informativo e/ou sancionador?.

      2.- En aplicación do Regulamento Municipal de verquidos, ¿exactamente qué medidas se van a tomar en contra dos infractores?.

      3.- ¿Cal foi o custo para as arcas municipais e/ou para a empresa concesionaria?.

      4.- ¿Cais e de que tipo foron os danos ocasionados na EDAR municipal e/ou noutras infraestruturas (rede saneamento, etc.) a raíz do verquido mencionado?.

      5.- ¿Por qué razón a Comisión para o control de verquidos, enmarcada dentro do Plan de Vixiancia Ambiental de Verquidos Industriais, posto en marcha pola Xunta de Galiza no 2009, só se reúne, única e exclusivamente, cando se producen verquidos industriais de importantes dimensións?. ¿A que conclusións chegou respecto do verquido do mes de decembro?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical