18.2.12

Mar: esixen a Feijóo que cumpra coas confrarías ante a alarmante situación económica destas

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegura que a practica totalidade das confrarías de Galicia están nunha situación económica moi delicada, xa que non poden facer fronte aos seus gastos
  • Soneira pregunta á Conselleira do Mar “se é consciente da situación económica na que se atopan as confrarías" e que “medidas pensa poñer en marcha para solucionar este problema” 
Media_httpfarm3static_gdlcb

Confraría de Rianxo

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2012. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que esixe ao Goberno de Feijoo que cumpra os convenios coas cofrarias de Galicia.

Soneira asegura que a practica totalidade das confrarías de Galicia están nunha situación económica moi delicada, xa que non poden facer fronte aos seus gastos.

Advirte que moitas confrarías están facendo fronte ás nóminas asistencias técnicas dos vixiantes, cos seus recursos propios. E denuncia que esta situación “aboca aos positos a unha carencia absoluta de liquidez, ou a recorrer a polizas de crédito, ou incluso a recorrer a recursos dos propios cofrades.

Advirte que “por mor da crise ou pola irresponsabilidade dun numero importante de compradores as lonxas atópanse con atrasos e impagos moi importantes, tanto polo volume dos recursos como polos períodos, cada vez mais longos do atraso no abandono da mercadoría”.

Explica que este fenómeno ten “consecuencias moi graves para a economía das confrarías que actúan, na practica, como un Fondo de Garantía para que os mariñeiros e os armadores cobren por unha captura que algunha veces, non se abona ata pasadas semanas ou meses ou nunca”. 

Soneira pregunta á Conselleira do Mar “se é consciente da situación económica na que se atopan as confrarías" e que “medidas pensa poñer en marcha para solucionar este problema”.

6 INT impagos confrarias 170212 MARISOL 78267-asinado.pdf Download this file

9 POP impagos confrarias 170212 MARISOL 78250-asinado.pdf Download this file

13 POC impagos confrarias 140212 MARISOL 78266-asinado.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical