18.2.12

Política: Ánxela Franco, escollida nova responsable comarcal do Bng non escindido

Noia120217_062_1

Barbanza-Noia, 18 de febreiro de 2012. A Asemblea Comarcal do BNG de Muros-Noia celebrada na tarde de onte, renovou a composición do seu Consello Comarcal, escollendo a Ánxela Franco Pouso -Porto do Son- como nova portavoz responsábel comarcal. 

A celebración da Asemblea enmárcase dentro do proceso aberto como consecuencia da celebración da XIII Asemblea Nacional que, logo da súa celebración os días 28 e 29 de xaneiro en Amio (Compostela), concluirá dentro de quince días coa renovación de todos os consellos locais e os seus respectivos responsábeis. 

A este proceso comarcal só se presentou unha candidatura, acadando o seguinte resultado: 52 votos a favor, 11 en branco e un voto nulo. Logo da proclamación do resultado Ánxela Franco dirixiu unhas palabras ao conxunto da militancia presente, asegurando que os seus esforzos van estar dirixidos a aplicar as políticas do BNG na procura de solucións aos diferentes problemas que atinxen á cidadanía desta comarca. Tamén asegurou que "hai que superar as feridas que se puideron abrir logo do intenso debate interno producido perante todo este proceso asembleario", en clara alusión aos que se esgazaron da fronte nacionalista, dende Encontro Irmandiño a algúns independentes. 

A candidatura completa está  composta por:

1.- Ánxela Franco Pouso

2.- Xoán Xosé  León Martínez

3.- Laura Eiras Rivadeneira

4.- Bieito González Domínguez

5.- Xaquín Abeijón Núñez

6.- Xosé Agapito Romeiro Barreiro

7.- Sofía Caamaño Lado

8.- Manuel María García Fernández

9.- Mª do Carme Insua Varela

10.- Xosé Lois Agrelo Hermo

11.- Irati García Tomé

12.- Xosé Manuel Alonso Carballo

Suplentes:

13.- Xosé Manuel Ponte Barreiro

14.- Vicente Pardo Capón

15.- Bárbara Resua Sampedro

16.- Mª do Carme Priegue Sande

17.- Xoán Manuel Lamela Lema 

Ás doce persoas escollidas na Asemblea de onte, engadiránselle os seis responsábeis locais asi como a representación de Galiza Nova.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical