16.2.12

Ribeira: xogadores locais acudirán ao Torneo Internacional de Fútbol Base de Vila Real, en Portugal

NA FOTO DE PÉ, DE ESQUEDA A DEREITA: RAMÓN MARTÍNEZ, JUAN LUIS MARTÍNEZ, FRANCISCO SIEIRA, CÁNDIDO CASTRO E MARÍA VIDAL.
  • Un total de 84 xogadores nados entre 1999 e 2004 participarán neste torneo, que chega á súa vixésimo segunda edición
  • Repártense entre seis seleccións municipais que xogarán entre o 19 e 21 deste mesmo mes

Ribeira, 16 de febreiro de 2011.- O Concello estará representado no prestixioso 22º Torneo Internacional de Fútbol Base de Vila Real (que se disputará nesta localidade portuguesa do 19 ao 21 de febreiro) a través da participación de seis seleccións municipais de xogadores pertencentes a outras tantas categorías.  

Así o deu a coñecer hoxe o concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga, quen explicou que estes seis combinados nútrense de xogadores procedentes do Xuventude de Aguiño, do Carreira, do Oleiros e do Sálvora Club de Fútbol: clubs que estiveron representados no acto de hoxe polos directivos María Vidal, Francisco Sieira, Cándido Castro e Ramón Martínez, respectivamente. 

Os equipos corresponden ás categorías aquí coñecidas como prebexamíns, benxamíns e infantís, se ben o torneo luso subdivide cada unha das mesmas en dúas categorías, segundo o ano de nacemento: 2004 e 2003 para prebenxamíns; 2002 e 2001 para benxamíns; e 2000 e 1999 para infantís. 

O Sálvora encargarase de coordinar os equipos de 2004 e 2003; o Aguiño os de 2002 e 2000; o Carreira o do 2001; e o Oleiros, 1999. 

Cada un dos equipos estará  composto por 14 xogadores (o que suma un total de 84 futbolistas) e dous adestradores. Todas as categorías está compostas por dous grupos de catro equipos, o que propiciará que os conxuntos riveirenses xoguen alomenos tres partidos. 

Juan Luis Martínez recalcou o carácter formativo desta competición internacional, que lle permitirá aos xogadores locais medirse con deportistas doutras importantes localidades, e ratificou o compromiso do Concello de seguir apoiando o deporte base, tanto no balompé como noutras disciplinas.

Pode que tamén lle interese:


Entroido 2012: programación prevista


Viaxe á neve: do 24 ao 26 de febreiro. 135 euros. Anótate!


Gala do Deporte: é o 24 de febreiro. Xa se saben os candidatos


Entroido: bases do festival de murgas e comparsas



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical