9.3.12

Boiro: retoman o Proxecto Boiroverde e presentan as actividades este sábado 10

33921_100825489983361_10000167

Boiro, 9 de marzo de 2012. Boiroverde é un proxecto de sensibilización e dinamización medioambiental que se retoma do iniciado o ano pasado no Concello de Boiro destinado a poboación en xeral, con incidencia nos máis mozos.

Está composto por un grupo de persoas, na súa maior parte integrantes do curso de MTL realizado no mesmo concello, e por voluntarias e voluntarios. Entre os obxectivos do proxecto que se inicia este mes de marzo están a estimulación dos xóvenes nos programas de sensibilización ambiental, dinamización do colectivo de consumidores e dirección cara boas prácticas ambientais, sensibilización na área da implicación cidadá na mellora da recollida selectiva, e rehabilitación medioambiental de zonas deterioradas no casco urbano.

Cabe engadir que este proxecto se inicia cunha plataforma base en forma de blog (http://www.boiroverde.blogspot.com) onde ademais de atopar información medioambiental de actualidade vanse publicar as actividades que se irán realizando, as experiencias dos participantes das actividades e dos monitores na súa planificación e execución, un espazo de fotodenuncia e a información sobre o grupo de consumo que se inclúe no proxecto. A difusión do proxecto tamén ten o seu lugar nas redes sociais Facebook, Tuenti e Twitter (@boiroverde).




Este sábado 10 de Marzo ás 12:00 terá lugar no Centro Social de Boiro o acto de presentación do proxecto Boiroverde. Agárdase a presenza do concelleiro de Xuventude e o concelleiro de Medioambiente, un representante do voluntariado de Cruz Vermella e dous representantes de Boiroverde.

O vindeiro sábado 17 de Marzo haberá xa actividades de dinamización e reciclaxe na rúa peonil. Posteriormente durante o mes de abril realizaranse actividades como unha ruta de sendeirismo, ou unha sesión de apadriñamento de árbores, como xa se fixo en época do bipartito.

Dende a organización do proxecto animan a todos os interesados a participar nas actividades e a realizar as suxestións que desexen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical