8.3.12

Muros: o Bng rexeita que se nomeen alcaldes franquistas como fillos predilectos do municipio

Img072

  • A proposta parte da alcaldesa socialista Caridad González, que tamén quere facer fillo predilecto ao recentemente falecido Domingos Dosil, alcalde nacionalista na lexislatura pasada

Muros, 8 de marzo de 2012. Ante a proposta do BNG de proclamar fillo predilecto de Muros a Domingos Dosil a alcaldesa do PSOE Caridad González presentou unha proposta alternativa e por urxencia para nomear fillos predilectos a tres alcaldes de Muros da época franquista.

O pasado venres reuniuse a comisión de honras na que tanto o BNG como a alcaldesa explicaron as razóns que os levaron a presentar as súas propostas.
O BNG espuxo como razóns para proclamar fillo predilecto de Muros a Domingos Dosil non só a súa etapa como alcalde senón tamén toda a súa vida adicada á loita polos dereitos do colectivo dos discapacitados, loita que acadou grandes logros que benefician a todo o colectivo, ás súas familias e por extensión á toda a sociedade.
Pola súa banda a alcaldesa xustificou a súa proposta dicindo que, unha vez proclamado Domingos Dosil, estes tres alcaldes son os únicos que quedan sen ser proclamados fillos predilectos.
A proposta do BNG foi votada favorablemente polos tres grupos, mentras que a proposta da alcaldía recibiu o voto en contra do BNG. Os nacionalistas votaron en contra, e xa anuncian que tamén o farán así no pleno que ten que tomar a decisión definitiva,  por considerar que esta proposta da alcaldesa "unicamente pretende diluir e minimizar o papel de Domingos Dosil na nosa sociedade", explican dende a formación frentista.

"A xustificación da alcaldesa non se sostén por haber na historia de Muros máis alcaldes que os tres propostos pola alcaldesa, tanto na dictadura como en periodos anteriores. En calquera caso, se a alcaldesa quere propoñer que todos os alcaldes de Muros sexan proclamados fillos predilectos terá que facer un estudo en detalle dos alcaldes que houbo en Muros e decidir ata onde se vai remontar na historia", conclúen os nacionalistas muradanos.


Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical