15.3.12

A Pobra do Caramiñal: os madrileños teñen predilección por Valle-Inclán

A Pobra do Caramiñal, 15 de marzo de 2012. O bo tempo e o adianto da primavera -disque- animan ás primeiras visitas procedentes de Madrid a achegarse ata a vila da Pobra do Caramiñal e incluír no seu percorrido unha reserva para unha visita guiada polas dependencias do Museo Valle-Inclán.


Nesta ocasión, e semella que os madrileños teñen fervor polo inventor do esperpento, foi un grupo de 45 veciños o que  incluíu como parte do programa das súas vacacións por Galicia unha visita polas terras barbanzanas ligadas a Ramón María del Valle-Inclán para a xornada do xoves 15 de marzo. Cara as 17:30 h. chegaron á esplanada do porto da Pobra para dirixirse ata a Torre de Bermúdez, onde a técnica do museo, Begoña Olveira, os recibíu e os conducíu durante o percorrido polas distintas salas. Ademais non deixaron pasar a ocasión de facer un retrato de grupo ante a entrada principal co que poder recordar o seu paso por este nobre edificio.

Ao remate do seu paseo polo Museo continuaron coñecendo os lugares máis emblemáticos da vila pobrense, entre os que non podía faltar unha suba ao alto do monte Curota para disfrutar da inmensidade das súas vistas sobre a ría de Arousa.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical