18.4.12

Boiro: inauguración da remodelada rúa Bao, nun claro ambiente pre-electoral

Alcalde_dieste_e_javier_guerra

  • Javier Guerra visitou onte as obras desa rúa, na que se invisten 120.00 euros

  • Forma parte esta actuación do Plan Ágora- Agora Re-Comercia, para reactivar a actividade comercial na zona

Boiro, 18 de abril de 2012.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou onte o concello de Boiro, onde inaugurou as obras de remodelación da rúa Bao, que servirán para reactivar a actividade dos establecementos comerciais da zona con novas infraestruturas, ao mellorar a súa accesibilidade e facela máis atractiva para os cidadáns e os visitantes.

Guerra, que, como se xa se fosen a celebrar eleccións de xeito inminente, estivo acompañado pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, así como polo alcalde da localidade, Juan José Dieste, salientou que esta iniciativa, á que a Consellería aportou preto de 120.000 euros e que contou cun investimento total próximo aos 155.000 euros, enmárcase dentro do Plan Ágora- Agora Re-Comercia, onde se recolle a estratexia global do Goberno galego en materia comercial.

O titular de Economía e Industria lembrou que “a protección e modernización do pequeno comercio é un dos eixos estratéxicos da actuación da Consellería” e destacou que o departamento que dirixe leva destinado ao apoio do sector comercial na comarca do Barbanza axudas por máis de 2 millóns de euros no que vai de lexislatura, que supoñen a mobilización de investimentos por máis de 3 millóns.

Estas axudas -sinala a nota propagandística da Xunta- foron encamiñadas a desenvolver as liñas estratéxicas do Plan Ágora, entre as que se encontra o apoio aos mercados e prazas de abastos, que a Xunta quere posicionar como líderes na venda de produto fresco. Entre outras medidas, tamén serviron para impulsar o asociacionismo comercial, ou para mellorar as infraestruturas comerciais en colaboración cos Concellos, unha liña de axudas nas que se enmarca a remodelación da rúa Bao.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical