29.4.12

Boiro: a onda privatizadora do PP tamén podería chegar ás pistas deportivas de Barraña

  • Así o denuncian as Xuventudes Socialistas locais
Media_httpfarm7static_wlywu

Boiro, 29 de abril de 2012. A Agrupación Local de Boiro das Xuventudes Socialistas amosa o seu "rexeitamento e preocupación ante a intención de privatizar o uso das pistas deportivas da Avenida da Constitución por parte do actual goberno local, rexido por Juan José Dieste, alcalde do PP".

Dende este colectivo consideran que a posibilidade dos cidadáns de disfrutar destas instalacións de forma gratuita "é un dereito", polo que esixen ao goberno local "non só o mantemento e conservación destas pistas senón tamén o fomento da actividade deportiva para tódolos boirenses garantindo o seu uso gratuíto".

A Secretaria Xeral da agrupación da mocidade socialista, Adriana Castro, sinalou que “o Partido Popular de Boiro amosou nesta última semana claras intencións de privatizar o uso da zona deportiva situadas na praza de Boqueira de A Negral coa finalidade de que se convirta nunha actividade de rendemento económico para o municipio e o seu uso sexa selectivo para aqueles usuarios e usuarias que paguen pola súa utilización”. É por iso que, dende as Xuventudes Socialistas de Boiro denuncian a pretensión do actual executivo de realizar un negocio con estas instalacións públicas, reducindo dereitos a tódolos cidadáns pero véndose máis perxudicados o colectivo de xóvenes.

Media_httpfarm7static_aefxe

As pistas foron nos últimos tempos pintarraxeadas por túzaros
 
Adriana Castro tamén quixo incidir en que “unha vez máis, dende a agrupación socialista boirense rexeitamos a política do Partido Popular baseada na desigualdade social, e no interese político de fomentar a privatización dos bens públicos e dos dereitos dos cidadáns”.  Estas instalacións —que naceron no ano 2010 financiadas con Fondos Estatais de Inversión Local do anterior goberno socialista polo que, en consecuencia, non lle supuxo ningún gasto ao Concello de Boiro— xurdiron coa finalidade de cubrir a necesidade existente no municipio de dispoñer dun espazo para a práctica deportiva ao aire libre.

Relacionada:


Tamén, en Boiro:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical