28.4.12

Noia: O Retruke engaiola a grandes e pequenos co ambiente lúdico do circo


Juanín, en plena carantoña

Noia, 28 de abril de 2012. Ata o domingo non van parar os espectáculos coas sorpresas e bo humor do novo circo. Noia está a vivir o post-San Marcos coa vila ateigada de rapazas e rapaces con "pintas" alternativas que seducen ao público en canto se poñen a amosar as súas habilidades, sexa con bolos, con diávolos ou co abano de múltiples voltas e reviravoltas desta troupe de artistas que conforman O Retruke.


Na xornada de onte, Juan, Juanín "Simplemente Juanín" abriu a sesión co seu espectáculo ás sete da tarde, na que congregou a numeroso público, ao que foi quentando pouco a pouco co seu humor, acenos estrafalarios e diversas acrobacias.

Tamén pola tarde se puideron ver diversos obradoiros nos que aplicados alumnos intentaban coller as nocións primarias desta difícil variedade artística.

Algún pequeno detalle do espectáculo de Juanín en vídeo:


Segue ata o domingo, polo que si se quere achegar, bótelle un ollo aos horarios:


Noia: ata o domingo 29, capital europea do circo. Olle toda a programación

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical