18.4.12

A Pobra: denuncian o desleixo en que se atopa o patrimonio, en concreto o castro da Croa de Postmarcos


Cartel de Arousa Norte onde se alude ao castro esquecido polo equipo de goberno

A Pobra do Caramiñal, 18 de abril de 2012. Un grupo de amigos e veciños da Pobra do Caramiñal denuncian "o abandono do patrimonio arqueolóxico no noso Concello, e sobre todo, a pasividade que durante todo este tempo o goberno do PP mostrou pola recuperación e posta en valor dos importantes vestixios arqueolóxicos cos que conta a Pobra do Caramiñal".

"Calquera achado do noso pasado é importante -explican-: o castro da Croa de Postmarcos, salvo, algunha que outra referencia feita sobre el por Xerardo Agrafoxo, no seu libro Arqueoloxía do Barbanza, ou algún artigo do estudoso barbanzá, Domingo Regueira, quen tamén constata a súa existencia, non hai nada. Ata o día de hoxe, ningunha institución nin ningún organismo se interesou por tomar medidas de protección no seu entorno, e evitar o seu progresivo deterioro. O castro da Croa parece vivir unha existencia máis virtual ca real: algúns pensarán, existirá? Dende logo, o goberno local tampouco deu mostras de interesarse por este importantísimo xacemento castrexo, localizado no mesmo cerne da parroquia de San Isidro de Postmarcos".
 

    Segundo explican na nota, "o castro da Croa, a primeira vista, é un asentamento que chama poderosamente á atención pola súa configuración portentosa, cunha estrutura arquitectónica que nos fai lembrar de inmediato un asentamento militar inexpugnable. Posiblemente, e sen dúbida, esteamos a falar duns dos legados arqueolóxicos máis excepcionais do Barbanza". E proseguen: "Queremos denunciar este abandono, e tamén lembrarlle ao goberno da Pobra do Caramiñal, que logo de trece anos gobernando, seguimos sen unha carta arqueolóxica que nos permita poder protexer o noso patrimonio histórico. Pensamos que a mellor arma para abrirse camiño no futuro é protexer o pasado. Facemos un chamamento ás institucións, sobre todo a Patrimonio, para que interveña o máis axiña posible sobre este importante xacemento castrexo, herdanaza e libro do noso pasado". Asinan Manuel Teira e un grupo de amigos.


Do desleixo do patrimonio en A Pobra do Caramiñal e da continua cementación de toda a costa virxe que queda fala o profesor Manuel Gago no seu blog Capítulo 0 dende hai anos -e denuncia tamén, todo hai que dicilo, o pasotismo dos veciños-:


Proxecto de paseo ameaza praias virxes na Pobra


Desfeita no castro de Punta Ostreira, na Pobra


Un guerreiro en Punta Ostreira



 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical