9.5.12

Cultura galega: o ribeirense Carlos Callón recibirá o Premio de Artigos Normalizadores o 16 de maio nun novo festival de "Vitaminas para o galego"

Vitaminas_lugo


Carlos Callón recollerá o seu premio (e van...) en Carballo

 

Barbanza-Noia, 9 de maio de 2012. A iniciativa "Vitaminas 17"  presentouse esta mañá en Lugo e rematará o dia 16 co festival “Vitaminas para o galego”, organizado polo Concello de Carballo e que presentará a actriz e escritora Paula Carballeira contando coa actuación de María Xosé Silvar “Ses”. Neste acto de afirmación do galego tamén se realizará a entrega do Premio de Artigos Normalizadores, que este ano recaeu no ribeirense Carlos Callón, investigador, escritor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Un representante de Vitaminas para o galego e máis o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, darán leitura no acto ao Manifesto.

 

Lapis para escribir en galego


Alumnos e alumnas dos colexios e Institutos de Lugo recibirán nos vindeiros días “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17” que este mediodia se presentou na Casa do Concello de Lugo. O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura Antón Bao subliñou a importancia de promover o idioma galego como “elemento de cultura, comunicación, tolerancia e respeito”. Segundo Henrique Sanfiz (Radiofusión), “os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua”. Alfonso Ribeiro (do único xornal diario impreso en galego, De luns a venres) indicou que segundo os dados do EXM, o 40% dos seus leitores teñen como primeira lingua o castelán, o que demostra “que a utilización do idioma galego non é en absoluto un obstáculo para chegar a todo tipo de públicos”.


Segundo indicaron os organizadores, cos que colabora este xornal de Barbanza e Noia, “nestes momentos xa se sumaron á Vitaminas para o galego 29 medios de comunicación, o que é unha proba da receptividade da sociedade diante desta iniciativa”.

 

Vitaminas 17

 

Para conmemorar o Dia das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva “facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional”. Teñen elaborado un manifesto nese sentido que se pode consultar na web vitaminasparaogalego.gl e pretenden que o dia 16 de maio  se dea leitura ao manifesto en, ao menos, 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Queren que todas esas leituras se graven en video e se envien ao enderezo manifesto@vitaminasparaogalego.gl.


Tamén haberá moita actividade nas redes sociais. En twitter, por exemplo, a etiqueta escollida para todas estas iniciativas é #vitaminas17


Antes, en Certo:



 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical