30.5.12

Cultura: Noia, Muros e Porto do Son cederon pezas para "Gallaecia Petrea", a nova exposición da faraónica e baleira Cidade da Cultura

  • A Consellería de Cultura e Educación agradece a colaboración de 90 institucións para facer esta mostra, a primeira exposición do Museo de Galicia da inacabada Cidade da Cultura

  • A través de "Gallaecia Petrea", o visitante recorrerá a historia da construción da cultura galega a partir dun elemento tan característico deste país como a pedra. Hai dende petróglifos ata laudas medievais, pasando por escultura contemporánea

Media_httpfarm8static_twjai

A lauda da dereita, en Sta María a Nova, foi a cedida a "Gallaecia Petrea"

Noia, 30 de maio de 2012. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere manifestarlle o seu agradecemento "ás 90 institucións culturais, concellos e coleccionistas de todo Galicia, do resto de España e de Portugal que colaboran prestando pezas para a organización da exposición Gallaecia Petrea, unha mostra que se inaugurará proximamente no Museo de Galicia da Cidade da Cultura", segundo explicou en nota de prensa hoxe a Xunta. Entre esas institucións e entidades están o Concello de Noia, que cedeu unha das laudas gremiais de Santa María a Nova (a do canteiro, a cal será restaurada por Patrimonio a cambio); o Concello de Muros e Porto do Son, en concreto a Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 igrexa parroquial de San Sadurniño de Goiáns, en Portosín.

Media_httpfarm4static_fzllm

En Noia hai tantas laudas que non teñen onde metelas e están amoreadas

"Esta ampla lista de entidades colaboradoras fai de Gallaecia Petrea un dos proxectos artísticos colectivos máis ambiciosos levados a cabo na nosa comunidade para pór en valor o conxunto do patrimonio galego. A participación destas institucións converterá a mostra non só nunha viaxe á historia da cultura de Galicia a través da pedra, senón tamén nun escaparate das xoias artísticas que se espallan ao longo da xeografía galega. Ademais, esta expo tamén é unha invitación dirixida a seducir a turistas e visitantes para que visiten os distintos puntos do territorio galego representados en Gallaecia Petrea", aseguran dende a Xunta.

A mostra, que engloba o norte de Portugal e o territorio ata o río Navía (territorio incluído na antiga Gallaecia), polo que se conta tamén coa implicación dunha vintena de institucións lusas, como o Museu Nacional de Arqueoloxía de Lisboa, o Museu de Arte Antiga de Lisboa, o Museu do Abade de Baçal de Bragança ou o Museu da Regiao Flaviense de Chaves.

Doutra banda, tamén é importante destacar que, despois de diferentes axustes orzamentarios e da resolución dos primeiros concursos de transporte e de montaxe das pezas, está previsto que o custe desta exposición se reduza considerablemente fronte o prezo inicialmente estimado, inda que a Xunta omite este dato concreto.

'Gallaecia Petrea: natureza, traballo e arte', ata decembro

Comisariada por Miguel Fernández-Cid, Gallaecia Petrea será a primeira exposición do Museo de Galicia, e unha das mostras máis ambiciosas das organizadas nos últimos anos na nosa Comunidade. A través dela, o visitante recorrerá historia da construción da cultura galega a partir dun elemento tan emblemático como é a pedra. A mostra, que ocupará os 6.600 metros cadrados do Museo e que estará aberta ata decembro, organízase en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval, Moderna e Contemporánea.

A mostra englobará dende un petróglifo, como elemento exclusivo que en todo o mundo só se ten atopado en Galicia, ata pezas que os grandes da escultura galega contemporánea están a preparar, como Francisco Leiro, Manolo Paz ou Silverio Rivas.

Na exposición, a pedra estará presente como elemento de desenvolvemento, materia base dunha das industrias máis puxantes de Galicia (granito, pizarra…). Inclúe unha aproximación dende a xeoloxía, na que, a través de presentación didácticas, explorase a Gallaecia como territorio onde se poden atopar algunhas das rocas máis antigas da Península.

Restauración de obras

Gallaecia Petrea, ademais dunha plataforma de excepción para dar a coñecer o patrimonio galego aos milleiros de visitantes que se agarda que pasen polo Museo de Galicia, suporá a rehabilitación dalgunhas das obras que se ceden para a exposición, que se someterán a traballos de recuperación para poder exhibilas ao público na mellor das condicións.

Deste xeito, rehabilitaranse obras da Catedral de Santiago de Compostela, do Museo Provincial de Lugo, da Catedral de Modoñedo, da Catedral de Lugo, da Catedral de Tui e do Museo Provincial de Pontevedra e a lauda noiesa citada antes.

A Xunta de Galicia quere subliñar que o préstamo destas pezas conta sempre co visto bo da institución que presta e obra, e no caso daquelas que polo seu valor histórico e artístico gozan dunha protección especial, tamén se solicitaron os permisos e autorizacións pertinentes dos departamentos administrativos correspondentes. As pezas serán restituídas ao seus lugares de orixe ao remate da exposición, previsto para o mes de decembro.

Rutas especiais

As pezas, de gran valor artístico e histórico, están sendo transportadas ao Museo de Galicia nunha operación na que se están a empregar material e persoal técnico cualificado para garantir a súa seguridade. A complexidade destas tarefas é maior se se ten en conta que implica conxuntos de pezas de ata dez toneladas de peso.

A flota de vehículos que está a participar no transporte de obras segue rutas deseñadas co obxectivo de que a peza soporte o menor número posible de quilómetros ata a súa chegada ao Museo. As pezas viaxan en caixas especialmente fabricadas para esta exposición e cun deseño individual para cada unha delas. Ademais, cada unhas das caixas está identificada cun código de seguridade evitando etiquetaxes con información explícita sobre o seu contido.

A operación de embalaxe, carga e descarga das pezas, estase facendo seguindo as instrucións técnicas dos museos ou centros que prestan as obras. O cen por cen do equipo que está a traballar nesta operación conta con formación no transporte de obras de arte e con anos de experiencia. Asemade, o transporte das obras está protexida por un seguro da modalidade coñecida como "de cravo a cravo", habitual nas exposición de obras de arte e que proporciona cobertura dende a saída da obra do seu centro ata o seu regreso.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical