24.5.12

Festa da Dorna: un de "Carallos de Rei", premio "Salvador Daquí" e un de "A Nasa", premio "A jata ruín de la praia"

[[posterous-content:pid___1]]

Jesús Parada paríu este cartel. E gaña por segundo ano consecutivo

Ribeira, 24 de maio de 2012. O pasado sábado tivo lugar a Segunda Asemblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. No local social reuníronse 32 peñeiros co fin de votar a man alzada o premio Salvador Daquí (deseño do Cartel da Festa) do cal saíu gañador por segundo ano consecutivo Jesús Parada Miniño da Peña Carallos de Rei e o premio A Jata Ruín de la Praia (deseño da Sudadeira Dorneira) do cal saíu gañador Javier Fontaiña Falque da peña A Nasa.

[[posterous-content:pid___0]]Javier Fontaíña deulle pulo a este deseño da sudadeira

Rifa dorneira

Por outro lado comentouse entre os asistentes que se fixo unha rifa dorneira onde se pode gañar unha cea no Gourmet de Aljan poseendo o boleto que coincida coas tres derradeiras cifras do sorteo da lotería nacional do Sábado 21 de Xullo de 2012. Pódense adquirir as rifas por riveira a múltiples vendedores e en fanequeiras como A Taberna do Riaso.

Por último, repartironse impresos entre os asistentes para poder actuliazar os seus datos como socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna ou facerse novos socios, xa que ser dorneiro acreditado é colaborar con todas as actividades da asociación. Estes impresos poderanse entregar na seguinte asamblea que terá lugar no mes de xuño, segundo informou Arturo González Mariño, Vicepresidente da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.

Xa llo contáramos en:


Festa da Dorna: estes van ser os deseños deste ano





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical