28.5.12

Sanidade: poñen bus dende Barbanza para a manifestación contra os recortes en Santiago este domingo 3 de xuño

Media_http4bpblogspot_dwnuu

Ribeira, 28 de maio de 2012. A Plataforma da Sanidade Pública da Barbanza informa de que o vindeiro domingo 3 de xuño hai unha importante manifestación en Santiago ás 12:00 para protestar contra os recortes que a ministra de Sanidade, Ana Mato, e o goberno de Núñez Feijóo (que onte dixo que facerlle a cama e darlle a comida a un ingresado nun hospital non é sanidade) están a perpetrar incumprindo o seu programa electoral.

Desde a plataforma contratan un autobús de 55 prazas para ir a manifestación.  As persoas interesadas en ir no autobús (con paradas en Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo ) deben mandar un correo a xal60b@gmail.com organizador ou chamar por teléfono ao 657 557 169.

"Non faltedes, Manifestación en contra dos recortes e a privatización da Sanidade Pública, aféctanos a tod@s", sinalan dende a Plataforma pola Sanidade Pública de Barbanza.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical