25.6.12

Barbanza: o macropolígono empresarial leva unha parálise de tres anos, denuncia o Psoe

  • O deputado socialista José Manuel Lage rexistrou hoxe unha proposición non de lei no parlamento de Galicia
  • Propón que se desbloquee o proxecto e se favoreza "o investimento nesta comarca, pois recordo que o goberno galego ten paralizado este parque dende hai máis de tres anos"
  • Lage Tuñas insta ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”


Ribeira, 25 de xuño de 2012.O deputado e portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmou hoxe en Ribeira que “fai máis de tres anos que o Sr. Núñez Feijóo tomou posesión como Presidente da Xunta de Galicia e dende ese momento ata o día de hoxe, os cidadáns da bisbarra do Barbanza poden comprobar como en todo este tempo o goberno galego non executou o proxecto do macropolígono comarcal”.

O deputado socialista José Manuel Lage rexistrou hoxe unha proposición non de lei no parlamento de Galicia co obxecto de impulsar este parque empresarial.

O parlamentario socialista recordou que “este proxecto contemplaba un investimento total que estaba previsto nesta actuación por parte do anterior goberno galego era de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se adicarian á urbanización e 4,1 millóns empregararianse na adquisición de terreos.”

“Lembremos que o proxecto do Parque Empresarial da Barbanza ía desenvolverse sobre unha superficie total de 1.008.928 metros cadrados. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serian de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Lage Tuñas explicou que “o citado proxecto incluía tamén a dotación de naves modulares para os pequenos empresarios que quixeran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo, podendo optar a través dun prezo e unhas condicións óptimas.”

O deputado do PSdeG instou hoxe ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”

Cabe recordar que a Xunta de Galicia adxudicara en outubro do 2008, por 59.392 €, a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza.”

O deputado do PSdeG-PSOE tira de hemeroteca para apuntar que “o Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, Agustín Hernández aseguraba o pasado 28 de marzo de 2011 que no prazo dun mes o consello da Xunta aprobaría a execución do proxecto do macropolígono comarcal do Barbanza. Pasou máis dun ano dende aquel anuncio en pre-campañas (eleccións municipais 2011) e non moveren un só papel”.

Tamén, en Ribeira:


Venres 29 de xuño: preséntase libro madridista de Manuel Jabois


Traslatio: sae o 7 de xullo do peirao de Ribeira


Sensibilización: "Panos brancos contra a droga" implicou á mocidade


Denuncia: verteduras na praia da Ameixida


Abesadas: xa hai novo trazado viario. Ollo!




Lage_tuas-pleno_do_parlamento-

84794-PNP Execución urxente parque empresarial do Barbanza.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical