21.6.12

Boiro: este sábado 23 de xuño presenta Boiroverde o seu calendario de cultivos

http://www.scribd.com/doc/97417172/Calendario-de-Cultivos-Boiroverde-2012

Boiro, 21 de xuño de 2012. O colectivo Boiroverde levará a cabo a presentación do Calendario de Cultivos o vindeiro sábado 23 de xuño ás 12.00 horas no Centro Social de Boiro. Á presentación asistirán os membros de Boiroverde, os participantes e colaboradores do calendario e o Concelleiro de Medioambiente, Antonio Moledo. Trataráse da presentación do modelo definitivo de calendario, así como da proxección do video da sesión realizada.

A actividade do Calendario de Cultivos naceu neste proxecto Boiroverde 2012 coa intención de involucrar ás persoas maiores nesta acción, e realizar algo que fose útil e didáctico para tod@s. Así foi como naceu a idea principal, que os vellos de Boiro  ensinaran as nocións máis básicas da agricultura, os tempos en que se sementa e se colleita cada cultivo. Para a elaboración deste calendario contouse coa colaboración dos participantes dos Talleres de Memoria que imparte Cruz Vermella Boiro nas parroquias de Boiro, que mediante un simple exercicio debateron nunha sesión esta cuestión, as épocas de semente e recolleita dunha longa lista de cultivos. Pero isto non foi todo, para achegarse a eles organizouse no Centro Social de Boiro un pequeno debate entre unhas dez persoas voluntarias para recoller toda a información que se precisaba e tentar solucionar algúns puntos conflitivos. O resultado desta sesión foi un vídeo de 20 minutos que recolle os aspectos tratados máis importantes, e un calendario (dispoñible para descargar no blog; http://www.boiroverde.blogspot.com.es ). Con este traballo os de Boiroverde dan  por cumprido o obxectivo de tomar contacto con persoas doutro grupo de idade, relacionarse con elas e ademais de aprender delas, elaborar un material que quedará a disposición de todos e todas aqueles que o precisen.

Pode que tamén lle interese:





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical