5.6.12

Cinema: Olloboi 2012 recolleu 87 traballos no seu certame e comezan as votacións

Olloboi_2012

  • O prazo para votar é ata o venres 15 de xuño. O traballo máis valorado por internautas levará 100 euros de premio
  • O resto de premios saberanse na gala de entrega, o venres 22 de xuño na casa de Cultura de Boiro, conducida e amenizada polo inclasificable Tonhito de Poi

Boiro, 5 de xuño de 2012. O colectivo Marearte anuncia o remate do prazo de inscrición do Festival Audiovisual Olloboi 2012 cun total de 87 traballos presentados.

[ Disfruta dos Vídeos participantes ]

Comeza agora o prazo de votación popular aos mellores vídeos. Xa podes votar en liña ao traballo que máis che guste. Tes ata o venres 15 de xuño para acceder ao formulario de votación online. O vídeo máis valorado polos internautas gañará o Premio OlloBoi do Público, valorado en 100€. 

[ Accede ao Formulario de votación ]

Os premios resolveranse na Gala OlloBoi 2012 que terá lugar o venres 22 de xuño ás 21 horas, na Casa da Cultura da Cachada de Boiro. Uns días antes publicarase en olloboi.com a lista de traballos preseleccionados como finalistas. Na gala, que será conducida por Tonhito de Poi e estará amenizada con música en vivo do grupo Anxoblas, daranse a coñecer os traballos gañadores dos cinco trofeos e repartiranse un total de 1200 € en premios, grazas á imprescindible colaboración dos 34 patrocinadores do festival.

  1. Premio OlloBoi ó mellor traballo, dotado con 400 €
  2. Premio OlloBoi Escolar ó mellor traballo realizado por alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato, dotado con 300 €
  3. Premio ó mellor Guión, dotado con 200 €
  4. Premio ó mellor Documental, dotado con 200 €
  5. Premio OlloBoi do Público, de acordo cos votos recollidos en liña, dotado con 100 €

Ademais, haberá moitas sorpresas, prometen os organizadores. Ao remate da mesma, continuará a festa con concerto no Local da Pousada das Ánimas.


olloboi.com
info@olloboi.com


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical