7.6.12

Ribeira: constituído o Consello Escolar municipal nunha reunión

  •  Nomeados por unanimidade os integrantes da Comisión Permanente

 

Ribeira, 7 de xuño de 2012.- O centro de interpretación do parque periurbano de San Roque foi o escenario elixido para desenvolver esta tarde a reunión constitutiva do Consello Escolar Municipal: un órgano consultivo e asesoramento en materia educativa que está formado por todos os estamentos relacionados con este ámbito no concello.

 

Á reunión de hoxe acudiron unha trintena de membros baixo a presidencia do alcalde. O rexedor local deu a benvida a todos os participantes e expresou a satisfacción do Concello por ter constituída por fin esta entidade. “Creo que este órgano nos vai servir para que no noso Concello poidamos ir dando pasos cara adiante, escoitando precisamente a quen desto sabe” , afirmou.

 

Ruiz Rivas tamén salientou que no ano de lexislatura transcorrida aprobáronse por unanimidade da Corporación tres importantes normas de participación: o Regulamento Orgánico Municipal, a normativa que regula este Consello Escolar e a do Consello Local de Pesca, ente que moi pronto será tamén constituído

 

No punto da orde do día de hoxe figurou o nomeamento dos membros da Comisión Permanente, que foi aprobado por unanimidade e que quedou do seguinte tenor: son membros desta comisión en representación dos profesores Xabier Santos González, Mª Manuela Abella Cruz e María Ángeles Lijó Figueiras (suplente: María Soledad Guevara Urquiola); entre os nais e pais, Lucía González Tubío e Irene Maneiro Paz (suplente: José Manuel Martín Morales); entre os designados polo Concello, Luis Teira Parada, José Antonio Rendo Rodeiro e Daniel Vázquez Dieste (suplente: Álvaro López González); e ademais dous alumnos. Tamén foron nomeadas por unanimidade catro comisións de traballo.

 

Cabe recordar que, de conformidade co seu regulamento, aprobado de xeito definitiva na sesión plenaria da Corporación de 7 de febreiro de, 2012, o Consello está formado polos seguintes membros:

 

      O alcalde ou membro da Corporación en quen delegue, como presidente do órgano.

 

      Seis representantes do ensino público: Daniel Gómez Ramil (proposto por CIG Ensino, do CEIP o Grupo), José Antonio Pérez Fernández (proposto por STEG, do IES Leliadoura), Mª Cristina Andrade González (proposta por CIG Ensino, do IES Nº 1), María Soledad Guevara Urquiola (proposta por CCOO Ensino, do CEIP Palmeira), Xabier Santos González (proposto por STEG, do CEIP de Olveira), e Mª Manuela Abella Cruz (proposta por CIG Ensino, do CEIP de Aguiño).

 

      Catro representantes do ensino privado: Juan José Fernández Ageitos (proposto por FSIE Galicia, do colexio Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras), Manuel Álvarez Figueira (proposto por UXT Ensino, do colexio La Milagrosa de Oleiros), María Ángeles Lijó Figueiras (proposta por CCOO Ensino Privado, do colexio Galaxia) e María José Mariño Graíño (proposta por UXT Ensino, do colexio Bayón).

 

      Seis nais ou pais de alumnos e alumnas propostos polas federacións ou ANPAs: Lucía González Tubío, José Manuel Martín Morales, Francisca Vidal Ogando, Irene Maneiro Paz, Alberto Romero Bermo e María Jesús Paz Vázquez.

 

      Catro alumnos ou alumnas elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares do municipio.

 

      Dez membros elixidos polo Concello: José Antonio Rendo Rodeiro (CIFP Coroso), Luis Teira Parada (CEIP Frións), Rubén Ruzo Noya (CEIP Aguiño), Francisco José Alonso Paz (CEP Carreira), Daniel Vázquez Dieste (CEIP Artes), José Marcote Suárez (Escola Náutico Pesqueira), Álvaro López González (Conservatorio Municipal de Música), Gonzalo Constenla Bergueiro (Escola Oficial de Idiomas), José Paz Cadaval (Asociación de Empresarios de Riveira) e José Antonio Pérez Sieira (Confraría de Pescadores de Riveira).

 

      Unha representante da Administración educativa proposta pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Isabel Serna Masía.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical