26.6.12

Sanidade: o Hospital da Barbanza continúa sen celadores a pesar das numerosas sinaturas e protestas

Plataforma_sanidade_sinaturas


Ribeira, 26 de xuño de 2012. Onte pola mañá representantes da xunta de persoal do Hospital da Barbanza entregaron no Rexistro da Xunta de Galicia unha boa cantidade de escritos feitos polo persoal Auxiliar de Enfermería do centro, para recordarlle á Consellería que este centro sanitario, ao igual que o de Cee, continúa sen celadores, de xeito que son os únicos casos en Galicia.

Fai xa máis de catro anos que o centro está integrado na rede pública do Sergas, e aínda non se dotou ó centro con esta categoría profesional, tendo que ser as auxiliares de enfermería as que realicen as tarefas deste colectivo, ademáis das propias da súa categoría.

A Xunta de persoal do centro xa fixo entrega de escritos e sinaturas semellantes á consellería e sempre co mesmo motivo, pedindo que se dote ó centro ca categoría de celadores, escritos que polo de agora non deron froito, do mesmo xeito que non o deron as protestas diante do centro e as iniciativas dos grupos da oposición, tanto nos concellos como no mesmo Parlamento de Galicia.

O Hospital da Barbanza, xunto co Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, tamén nesta provincia da Coruña, son os únicos centros que non teñen esta categoría; o comarcal do Salnés, en Vilagarcía inclueunos nas súas plantillas ao pouco tempo de integrarse no Sergas.

Vistos os resultados, a Xunta de persoal do centro vai seguir con medidas de presión ata conseguilo.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical