23.7.12

A Pobra: Isaac Maceiras segue intentando asfixiar á oposición omitindo mocións nos plenos ordinarios

A Pobra do Caramiñal, 23 de xullo de 2012. Segundo denuncia a concelleira socialista Teresa García Guillán, "unha vez máis o Alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, intenta silenciar ao grupo mixto, non incluíndo para o vindeiro Pleno ordinario dúas mocións que foron presentadas en tempo e forma, cumprindo co prazo de dez días tal e como dispón o Regulamento Municipal. O devandito Regulamento esixe que as mocións que non se incluían na orde do día do pleno ordinario, deberán ser excluídas por medio de resposta razoada por parte da Alcaldía, que se comunicará ao concelleiro que as presentou no momento de entregarlle a convocatoria do Pleno". A edil do Psoe pobrense denuncia que a convocatoria "non vén acompañada de ningún escrito razoado".


Isaac Maceiras: cumio do cinismo e fraude democrático


"Este comportamento e censura  é o cumio do cinismo, cun comportamento irresponsable e con ceguera democrática, intentando amedrentarme ou mostrar un poder fascista cara á miña persoa. Ten medo debater a afección dos recortes que o goberno do PP está a facer á cidadanía? Ou sobre a Lei do aborto que queren reformar de maneira moito máis restritiva que a lei de 1985 que era unha lei de liberdades, non de obrigas? En definitiva, Isaac Maceiras é un antisistema, que vai contra o ordenamento xurídico, contra o pluralismo político, contra a liberdade, contra a igualdade, facendo FRAUDE DEMOCRÁTICO".





solicitude inclusión mocións pleno.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical