2.7.12

Dodro: comezou a Escola de Verán con máis de medio cento de escolares inscritos

Dodro, 2 de xullo de 2012. A Tenente de alcalde e concelleira de Servizos sociais e Igualdade de Dodro, Marisol Boga Grela, inaugurou hoxe a Escola de Verán, dirixida a rapaces/zas de 3 a 12 anos e que se celebrará os meses de xullo e agosto de 9,30h a 13,30h.

A Escola de Verán preséntase ante a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar e nela levaránse a cabo actividades de ocio e tempo libre e o fomento da educación en valores como a igualdade.

Os rapaces/zas terán entre outras actividades bricolaxe, cociña, costura, xogos predeportivos, películas, contacontos, ximcanas e -prometen- moita diversión.

 

Ante a gran demanda de prazas, o equipo de goberno fixo un esforzo especial nesta ocasión e incrementou o orzamento asignado para estas actividades coa fin de dar cobertura a todas as solicitudes. Así, quedaron admitidos todos os rapaces/zas que solicitaron praza, ascendendo a 53 os que disfrutarán este ano en Dodro da Escola de Verán. Cabe recordar que que este ano é totalmente gratuita para os participantes e o custo asúmeo en parte a Deputación da Coruña e en parte o Concello. Todos rapaces/zas recibiron unha mochila como agasallo de benvida.

 

Reforzo escolar


Tamén hoxe a tenente de alcalde inaugurou as clases de Reforzo Escolar de Verán para razaces/zas de ESO que se celebran no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón durante os meses de xullo e agosto, cofinanciadas polo Concello e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este programa pretende axudar aos rapaces/zas a preparar os exámes de setembro, así como dar apoio con técnicas de estudo e charlas de orientación e asesoramento para familias e alumnos. Tamén terán obradoiros de habilidades sociais e dinámicas de grupo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical