3.7.12

Etnografía: editan 25.000 trípticos para promover o vía crucis marítimo-fluvial do Ulla e Arousa

Cruceiros_xacobeos_1

  • Este sábado 7 de xullo terá lugar a Traslatio, con saída en Ribeira, unha celebración inventada para manter o espírito do Xacobeo
Ribeira, 3 de xullo de 2012.- O salón plenario do Consistorio foi escenario esta mañá da presentación duns novos trípticos informativos que, impresos pola Deputación Provincial de A Coruña, pretenden seguir promocionando o Camiño do Mar de Arousa e Ulla a través dos Cruceiros Xacobeos instalados ao longo do percorrido e que conforman o único vía crucis marítimo-fluvial do mundo.

Para informar desta acción estiveron presentes o presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez Agustino Mariño, e o alcalde de Ribeira e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas, quen informou que nunha primeira tirada editáronse 25.000 trípticos que serán repartidos polos sete municipios coruñeses que forman parte do padroado da citada Fundación: Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Rois, Padrón e Dodro, así como Santiago de Compostela.

Ademais, segundo indicou Ruiz Rivas, nunha fase ulterior distribuíranse novos exemplares ata completar os 200.000, coa pretensión de abarcar tamén países veciños como Portugal ou outras nacións con tradición xacobea.

Javier Sánchez-Agostino incidiu no carácter turístico desta guía que está dirixida fundamentalmente ao visitante, ademais dun pretexto para que este coñeza cada unha das localidades litorais que rodean á ría de Arousa e ao río Ulla. O conxunto de cruceiros reflectidos na publicación datan dos anos de século do ano pasado, a excepción, precisamente, dos pertencentes á mancomunidade de municipios Arousa Norte (Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo), que se colocaron no ano 2004 con ocasión do Ano Xacobeo.

Os participantes no remonte que sairá este sábado dende o porto deportivo de Ribeira poderán acceder xa a estes novos trípticos informativos.




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical