24.7.12

Rianxo: Exaltación da Xouba este mércores 25 de xullo

Rianxo, 24 de xullo de 2012. O Santiago Apóstolo é tempo de xoubas en Rianxo. Mañá celébrase a XX Exaltación da Xouba de Rianxo. É un día adicado a un produto típico da zona que se prepara de distintas maneiras: asadas, en empanada, en escabeche, con patacas cocidas... A partir das 12.00 e ata as 18.00 horas a Praza de Castelao e o Campo de Arriba serán os escenarios onde se poderán degustar a prezos populares as racións de xouba frita con pementos e en empanada acompañadas de pan de millo e viño, así coma mexilóns ao vapor: http://bit.ly/NOYsUe.

Actos institucionais do Psoe

Por outra parte, mañá, día 25 de xullo, os socialistas celebrarán o Día de Galicia en Rianxo coa lectura dun manifesto que nesta ocasión leva o lema de “A Galicia do crecemento, do emprego e dos servizos públicos esenciais”. A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación, a ourensana Laura Seara, asegura que a única alternativa valida para a saída da crise é “sen dúbida ningunha apostar por incentivar o crecemento, pola creación de emprego” e que mentres isto non se produza “non daremos saído da recesión na que nos meteron Rajoy e Feijoo”, rematou.

Os socialistas entenden tamén estes días como “días de reivindicación”. “Son datas simbólicas para os galegos e galegas, pero o mesmo tempo son días para poñerlle voz a esas miles de persoas que neste momento están desesperados pola situación que están a vivir”, aclarou Laura Seara.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical