17.7.12

Ribeira: este domingo, 22 de xullo, campionato de caza "Cidade de Riveira"

  • A proba, que xa vai pola cuarta edición, é puntuable para a Copa Galicia da especialidade e vai ter lugar no monte San Amedio, de Oleiros
 

Ribeira, 17 de xullo de 2012.- Uns trinta deportistas cos seus cans van participar este domingo día 22 de xullo na quinta edición da Campionato de Caza San Huberto “Cidade de Riveira”: unha iniciativa puntuable para a Copa Galicia que está organizada pola Sociedade de Caza e Pesca do Barbanza e conta coa colaboración do Concello.

Para explicar os pormenores deste certame, que se desenvolverá no monte San Amedio pertencente á parroquia de Oleiros, déronse cita no Consistorio Eloy Rodríguez en representación da devandita Sociedade e da Federación Provincial de Caza; e os concelleiros de Deportes e Mobilidade, Juan Luis Martínez e Víctor Reiriz.

Segundo explicou Eloy Rodríguez, a finalidade do evento é valorar o espírito do cazador, que saiba destacar os aspectos técnicos do exercicio da paza e o respecto da natureza e do medio ambiente. Trátase dun campionato de caza onde vai primar a seguridade, a compenetración cazador-can e a efectividade.

Así, o cazador e o seu can efectuarán un turno de 20 minutos, podendo realizar catro disparos e levar con el seis cartuchos. Poderá abater e cobrar un máxima de dúas pezas de caza. A arma durante a proba debe ir sempre cargada.

Puntuación

Haberá unha puntuación e os xuíces poderán dar un máximo de 100 puntos en base a tres apartados: tiro e habilidade do cazador -20 puntos-, conduta do cazador -50 puntos-; e actividade do can -30 puntos. A participación do can será avaliada segundo estes criterios: aspectos de adestramento -15 puntos- e calidades naturais do can -15 puntos-.

Eloy Rodríguez definiu ao certame como “unha proba de gran nivel na que está prevista que acudan campións de España, de Galicia e mesmo do mundo na modalidade”.

Convidan a ir ver este "espectáculo" con total seguridade

O edil Víctor Reiriz convidou á veciñanza do municipio a que se achegue ata o monte San Amedio para presenciar este espectáculo e garantiu que todos os asistentes poderán admirar o desenvolvemento da proba con total seguridade. Ademais, explicou que as razas que se poderán contemplar no torneo son o setter inglés, pointer, epagneul bretón, braco alemán e springer spaniel, entre outras. O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, salientou as cualidades do campionato para exhibir a “perfecta sincronía” que se dá entre can e cazador. A cita dará inicio ás 9 horas. A entrega de premios será en torno ás 16 ou 17 horas.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical