24.7.12

Ribeira: este xoves 26 de xullo, ximcana sobre renovables, reciclaxe e coidado da natureza

Media_httpfarm3static_sfkzn

Ribeira.- 24 de xullo de 2012.- Grazas á Ximcana Bioambiental e de Enerxías Renovables, os nenos e nenas dos obradoiros do Verán Cultural  coñecerán este xoves o que son as enerxías renovables, a importancia da reciclaxe para a natureza e o coidado das sementes para que dean froito. A xornada estará chea de xogos ao ar libre, xa que a mellor forma de aprender é divertíndose.

 

A iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura, comezará entre as 11.00h e 11.30h, tras un pequeno almorzo, e dividirase en 5 estacións.

 

1ª estación: A RECICLAXE. Faranse xogos de reciclaxes, coa explicación precedente e canción acorde ao tema. 

2ª estación: RELEVOS PIN-PON. Xogo de aire, que ten como fin entender o funcionamento da enerxía eólica.

3ª estación: PLACAS SOLARES. Xogarase á pita sol, para explicar o funcionamento da enerxía solar.

4ª estación: TERRA, MAR e AIRE. Explícase neste xogo, todo o que implica a enerxía e porque é imprescindible para a vida.

5ª estación: A AUGA. Xogo con paracaídas simulando o mar, que da enerxía para por en marcha un xogo de forza e resistencia.

 

En cada actividade, rotarán todos os grupos de idade, e cantarase unha canción axeitada a cada tema. Serán cancións en galego, respectando as claves da campaña do Servizo Galego de Normalización Lingüística  "O Galego Campa 2012".

 

Por último, farase no patio de atrás de Frións unha plantación de pipas de xirasol, para concienciar aos rapaces da importancia do respecto a natureza e que vexan como, coa a axuda das enerxías que se explicaron ao longo da mañá, pode chegar a crecer unha planta.

 

Cada estación, aproximadamente, durará entre 5 e 7 minutos, co fin de ter todo rematado antes das 13.00h. Participarán os 150 nenos e nenas de 2 a 7 anos do obradoiro Xoga con Nós de Ribeira e os 30 de 3 a 7 anos de Verán Rechinán de Aguiño.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical