3.7.12

Ribeira: a firma noiesa Josoni investirá máis dun millón de euros no matadoiro mancomunado ata 2020

Matadoiro

Ribeira, 3 de xullo de 2012.- O Concello informa de que xa está en tramitación a licenza de apertura do Matadoiro Mancomunado situado no Polígono Industrial de Xarás, unha vez no pleno ordinario do pasado 25 de xullo se dese luz verde á contratación deste servizo á empresa Distribuciones Josoni, S.L. (con domicilio social no municipio de Noia), que prestará cobertura aos municipios de Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

 

Así, segundo consta no Boletín Oficial da Provincia con data de hoxe, a devandita licenza de apertura sométese á información pública por un período de vinte días hábiles que comezan a contarse a partir do día seguinte da publicación do edicto no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

 

De acordo coa oferta presentada por Distribuciones Josoni no período de licitación, a empresa ten programado investir en melloras no servizo e instalacións do matadoiro máis dun millón de euros de aquí ao 2020. Ditas inversións materializaranse, entre outras actuacións, na ampliación da infraestrutura en máis de 600 metros cadrados para instalar unha sala de despece e cámaras; na adquisición dunha caldera de vapor e dunha cuba de escalde; e na obtención de maquinaria e equipo de envasado e termoformado e nunha báscula etiquetadora co fin de permitir así o envasado e termoformado de despece, tanto de vacún como de porcino.

 

Ademais, propiciará a creación de dez novos postos de traballo: seis operarios de matadoiro, dous operarios de sala de despece, un transportista de animais, e un encargado da distribución dos canais/despece.

 

En virtude da adxudicación do servizo, a empresa abonará un canon anual de 3.100 euros. As cinco primeiras anualidades (15.500 euros) serán pagadas xa no 2012.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical