11.7.12

Ribeira: torneos deportivos que se van disputar este verán

  •  Haberá 3x3 de balompé e baloncesto, liga de verán de fútbol sala e un circuito de tenis
  • Ábrese a inscrición

 

 

 

Ribeira, 11 de xullo de 2012.- A Concellería de Deportes informa da celebración e apertura de inscricións dos Campionatos 3x3 nas modalidades de fútbol e baloncesto, así como da tradicional liga de verán de fútbol sala Concello de Riveira e o Circuíto de Tenis que constará de tres torneos .

 

Estas son as características de cada unha das probas:

 

CAMPIONATOS 3X3: FÚTBOL

 

Data: 27, 28 e 29 de xullo

Lugar: Pista polideportiva irmáns Parada Alvite

Categorías: Todas as categorías (dende prebenxamín a senior)

Sistema de competición: En función dos equipos anotados disputarase unha liguiña previa a unha volta, semifinais e final.

Premios: Haberá trofeos para os dou primeiros equipos de cada categoría.

Inscricións: (ATA O 24 DE XULLO/ SORTEO O 26 DE XULLO)

Para anotarse a este campionato os equipos deberán mandar un correo electrónico a deportes@riveira.com ou facelo en situ na oficina de deportes do Complexo Deportivo a Fieiteira.

Prezo: Para as categorías prebenxamín (05 e anos posteriores), benxamín (02-03) alevín (00-01) e infantil (98-99) cada equipo pagará 5€. Os cadetes (96-97) e xuvenís (93-94-95) terán que pagar 10 € por equipo. Os seniors (ano 92 e anteriores) 15 € por equipo.

 

** Todos os equipos terán que facilitar á organización o nome, apelidos, data de nacemento e DNI de todos os seus membros antes do comezo do campionato**

** Os xogadores so poderán participar nunha categoría.**

**Unha vez anotado o equipo facilitarase un nº de conta para facer o ingreso da cota de participación (un equipo, considerase oficialmente inscrito, cando despois de estar anotado realiza o pago da cota de inscrición).**

 

CAMPIONATOS 3X3: BALONCESTO

 

Data: 3 e 4 de agosto

Lugar: Polideportivo Sta Uxía (Praia de Coroso)

Categorías: Dúas categorías: 1ª de 14 a 17 anos e 2ª de 18 anos en diante.

Sistema de competición: En función dos equipos anotados disputarase unha liguiña previa a unha volta, semifinais e final.

Premios: Haberá trofeos para os dou primeiros equipos de cada categoría.

Inscricións: Para anotarse a este campionato os equipos deberán mandar un correo electrónico a deportes@riveira.com ou facelo en situ na oficina de deportes do Complexo Deportivo a Fieiteira.

Prezo: A categoría de 14 a 17 anos pagarán 5 € por equipo. A categoría de 18 anos en diante pagarán 10 € por equipo.

 

** Todos os equipos terán que facilitar á organización o nome, apelidos, data de nacemento e DNI de todos os seus membros antes do comezo do campionato**

** Os xogadores so poderán participar nunha categoría.**

**Unha vez anotado o equipo facilitarase un nº de conta para facer o ingreso da cota de participación (un equipo, considerase oficialmente anotado, cando despois de estar anotado realiza o pago da cota de inscrición).**

 

LIGA DE VERÁN DE FÚTBOL SALA CONCELLO DE RIVEIRA

 

O Concello de Riveira abre o prazo de inscrición para o campionato de verán de fútbol sala nas categorías infantil, cadete, xuvenil e senior. Este campionato está previsto que se dispute no polideportivo A Fieiteira a partir do día 6 de agosto, xusto despois de rematar as festas de Riveira.  O prazo de inscrición prolongarase ata o vindeiro 31 de xullo.

 

Os equipos interesados en participar deberán poñerse en contacto coa oficina de deportes (Complexo Deportivo A Fieiteira) a través do correo electrónico deportes@riveira.com ou no teléfono 981 87 36 46.

 

CAMPIONATOS DE VERÁN DE TENIS CONCELLO DE RIVEIRA (CIRCUÍTO AS MIÑOTEIRAS)

 

O Concello de Riveira xunto coa A.C.D. As Miñoteiras organiza uns campionatos de tenis ao longo do verán formando o Circuíto As Miñoteiras. Este circuíto consta de 3 torneos:

 

       Torneo de tenis “Festas do Verán”: a data tope de inscrición será o 18 de xullo e a final disputarase o sábado 4 de agosto.

       Torneo “Gasóleos San Alberto”: a data tope de inscrición será o 31 de xullo e a final disputarase o 26 de agosto.

       Torneo de tenis “A Toxeira”: a data tope de inscrición será o 22 de agosto e a final disputarase o 8 de setembro.

 

As persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto coa oficina de deportes (Complexo Deportivo A Fieiteira)  a través do correo electrónico deportes@riveira.com ou no teléfono 981 87 36 46.


 Agasallos aos nenos do "Xoga con nós"

 

Por outra banda, a concelleira de Cultura do Concello, Elvira Pisos, efectuou este mediodía unha visita aos 150 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 7 anos que están a participar nos Obradoiros Xoga con Nós: unha das iniciativas organizadas dentro do Verán Cultural co fin de propiciar a conciliación da vida familiar e laboral as familias en época de vacacións estivais.

 

Elvira Pisos achegouse ata as aulas do CEIP Frións nos que se están a desenvolver estes talleres e entregou distintos agasallos aos nenos participantes, como pelotas de praia, frisbees e pelota de ventosas.

 

Cómpre recordar que a Concellería de Cultura decidiu finalmente ampliar a oferta inicial de 90 prazas en 60 máis para dar respostas á forte demanda xerada na cidadanía.

 

Nos obradoiros Xoga con Nós, os cativos están a realizar todo tipo de actividades multidisciplinares, como murais que rememoran o triunfo da Selección Nacional de Fútbol na Eurocopa 2012 e que a edil de Cultura puido contemplar.

 

Para o desenvolvemento destes obradoiros, cóntase coa profesionalidade de 13 monitoras de tempo libre e unha coordinadora, Marisé. As monitoras son Cris, Nieves, Merchi, Bárbara, Pili, Noelia, Juana, Patri, Mari, Vero, Sarai, Loli e Susana. Todo isto, coordinado a nivel municipal por Unai González Suárez, traballador da Área de Cultura.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical