7.8.12

Música: os tres gañadores do "Ramón Guzmán" formáronse na Aula Galega de Saxofón organizada en Ribeira

  •  A competición entra no IV Encontro Galego de Saxofón que se está a celebrar na Cidade da Cultura de Santiago
  • Os gañadores son Marín Castro Tubío, Adrián Piñeiro e Roi Barros

 

Ribeira, 7 de agosto de 2012.- O alumno do Conservatorio Municipal de Ribeira e da Aula Galega de Saxofón, Marín Castro Tubío, gañou o Concurso “Ramón Guzmán”. A competición formaba parte dunha das actividades do IV Encontro Galego de Saxofón que está a discorrer en Compostela, na Cidade da Cultura.

 

O concurso estaba dividido en tres partes segundo o nivel dos participantes. Martín Castro foi o gañador da sección para estudantes de 1º a 3º do grao profesional e interpretou, para o xurado formado polos  sete profesores do encontro, a obra  Tableaux de Provence de Paul Maurice.  Na sección para estudantes de 4º a 6º de profesional o gañador foi Adrián Piñeiro Aspres do Conservatorio Amaniel de Madrid.

 

Pola súa parte, no nivel superior o gañador foi Roi Barros Germiñas do Conservatorio Superior das Illas Baleares. Da a casualidade de que tanto Adrián Piñeiro como Roi Barros foron alumnos da Aula Galega de Saxofón, actividade organizada polo Conservatorio Municipal de Ribeira, ata o curso pasado. O primeiro deles trasladouse este ano a continuar estudos a Madrid e o segundo a Palma.

 

Durante o encontro, corenta saxofonistas reuníronse, no Conservatorio Profesional de Música en Santiago, co fin de ampliar a súa formación con grandes mestres do instrumento. Nesta ocasión, ademais de galegos, acudiron estudantes de Ponferrada, Madrid, Burgos, Badajoz, Granada, País Vasco, Córdoba, Arxentina, Perú e Australia.

 

Na foto, de esquerda a dereita:

Marie Bernadette CHARRIER, Hilomi SAKAGUCHI, Rodrigo VILA, François ROSSÉ,  Yuko MIZUTANI, Adrián PAIS, Quino SÁEZ e José FUNGUEIRIÑO (coordinador)

 

Abaixo os gañadores :

 Roi BARROS, Martín CASTRO, Adrián PIÑEIRO.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical