10.8.12

Noia: o Bng comeza unha campaña a prol do comercio e hostalería local ante os recortes de Rajoy

Noia, 10 de agosto de 2012. Na última hora da tarde do xoves, 9 de agosto, membros do grupo municipal e militantes do BNG percorreron as rúas da vila facendo un reparto de material informativo sobre a campaña de apoio ao comercio e hostalería local e contra das últimas medidas adoptadas polo Goberno de Mariano Rajoy.

 

A campaña consiste na entrega ao comercio e hostalaría dunha carta do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, onde se explican as consecuencias que se van derivar da entrada en vigor dos últimos acordos  aprobados polo Goberno central, así como as distintas iniciativas que a nivel institucional están os nacionalistas a poñer en marcha (presentación dunha proposición non de lei, a fin de que o Parlamento Galego, inste á Xunta de Galicia a formalizar o correspondente recurso de inconstitucionalidade por invasión de competencias en materia de comercio interior por parte do Goberno do Estado ao promulgar os reais decretos-lei 19/2012 e 20/2012).

 

Lembran dende o Bng que os reais decretos-lei conteñen medidas, como a liberación do horario durante os días laborais co seu incremento, ou a eliminación do período determinado para as rebaixas, todo conducente a introducir, "aínda máis, o caos no sector e beneficiar de xeito directo ás grandes corporacións comerciais".


Necesidade de mercar en Noia

 

A campaña -tamén con marcado carácter preelectoral- comprende asemade o reparto dun cartaz onde se pide á cidadanía que merque en Noia, consumindo no comercio local, así como nos bares e restaurantes do municipio; chamando ao consumo de produtos do país convencidos de que en BLOQUE, podemos saír da críse. A campaña continuará esta fin de semana.






Antes, en Certo:


San Bartolomeu 2012: do xoves 23 ao domingo 26 de agosto


Fotografía: "De Sanxenxo ao Sáhara", no claustro en agosto



Cartaz_noia_1

Carta comerciantes Portavoz Nacional 310712(1).pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical