21.8.12

Sanidade: varias ong's relacionadas coa sanidade consideran impresentable o que quere facer o Goberno do PP cos inmigrantes


Os inmigrantes que viven en España colaboran coa nosa sanidade cada vez que compran algo. O IVE, que vai subir en setembro, pagámolo todos, e agora incluso de case cincocentos medicamentos que antes se incluían na sanidade pública.

Comunicado íntegro:

Image002
 

 

A Asociación Galega de Medicamento Familiar e Comunitaria, Médicos do Mundo, Foro da Inmigración e Plataforma SOS Sanidade Pública considera:

1.   Impresentable a decisión do Goberno de suprimir o dereito á asistencia sanitaria aos inmigrantes sen papeis e que este colectivo subscriba unhas pólizas de seguros sanitarios privados para recibir atención sanitaria. As persoas menores de 65 anos pagarán 60 euros mensuais e os maiores desta idade 155 euros .

2.   Inaceptable que para xustificar semellante medida (que suscitou un gran rexeitamento social e profesional), responsables do Goberno e do Partido Popular estean lanzando mensaxes de que os inmigrantes sen papeis non deben recibir atención sanitaria pública por non contribuír ao sostemento económico do sistema ao traballar na economía mergullada.

3.   Denunciamos que este argumento é absolutamente falso xa que os inmigrantes sen papais contribúen ao sostemento da sanidade pública pagando os impostos que gravan o consumo que realizan na súa vida cotiá, nas mesmas condiciones que o resto de cidadáns, con ou sen papeis non realicen achegas económicas para manter a sanidade pública

4.   Queremos recordar que o financiamento sanitario realízase en gran parte cunha serie de impostos que gravan o consumo nas Comunidades Autónomas: 35% do IVE; e o 100% dos impostos polo xogo; os impostos especiais que gravan o consumo de cervexa, alcois e bebidas derivadas e labores do tabaco; a matriculación de vehículos; o consumo de electricidade e o chamado céntimo sanitario por pór gasolina.

Por todo iso afirmamos que a transcendencia económica da medida será irrelevante para a sustentabilidade económica da sanidade pública e con todo vaise a causar un gran dano a este colectivo e a toda a cidadanía galega dado que

1.   Introduce pola porta de atrás os seguros sanitarios privados. Preténdese así acabar coa universalidade á atención sanitaria vinculado á residencias no Estado. Comézase por un dos colectivos sociais máis débiles política e socialmente e logo estenderase ao resto da poboación

2.   Incrementará o risco da transmisión de enfermidades infecciosas, xa que os inmigrantes non serán tratadas polas mesmas

3.   Os inmigrantes sen papeis colapsasen os servizos de urxencias por enfermidades que poderán ser tratadas polos medicos de familia

4.   As declaracións para xustificar a medida contribuirán a un clima de xenofobia incompatible coa democracia e o benestar social

Esiximos a retirada inmediata do Decreto que deixa aos inmigrantes sen papeis sen dereito á asistencia e facemos un chamamento a todos os profesionais sanitarios para que non colaboren na súa aplicación.

 





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical