19.10.12

Boiro: o sábado 27 de outubro, roteiro ata o Castelo de Vitres

Roteiro_-_vitres

Boiro, 19 de outubro de 2012. O sabado día 27 de outubro o Local Social Aturuxo organiza un Roteiro pola serra do Barbanza, ata o Castelo de Vitres, perto da aldea de Mosquete. A saída terá lugar dende o local ás 10:00 da mañán, cunha duración aproximada de 4 horas e de dificultade moderada.

Este é o segundo roteiro que organiza a comisión de medio ambiente, o que supón a continuación de accións de denuncia, preservación e promoción de espazos naturais do concello boirense e bisbarra.

Consellos e recomendacións:

A roupa
As características básicas desexáveis do material de montaña son a lixeireza, o abrigo e que sequen moi rápido. Neste tipo de materiais incluimos: O forro polar, a licra ou a roupa sintética. Porén, recoméndase excluir do material de montaña, por exemplo, as pezas de algodón, os sueters de lá, e as calzas de pana.A primeira capa de roupa, a que toca a pel há de ser sintética (recoméndase non utilizar pezas de algodón porque conservan a humidade e tardan moito en secar); esta primeira capa ten como obxectivo evacuar a transpiración. A segunda capa recoméndase que sexa de forro polar, xoga o rol de isolante térmico. A terceira capa, ten de ser protectora, lixeira e resistente; protexe do ralente, da neve e da chuvia. Esta última capa pode ser un anorak ou calquer tipo de, sobretodo, impermeável. Sempre con caperuza.

 O calzado
As botas terán que ser todoterreo, semiríxidas e antideslizantes. Que cubran ata o nocello para evitar escordaduras. Impermeáveis e transpirantes. Lixeiras ao mesmo que resistentes ao desgaste.

A mochila
As boas mochilas de montaña sempre teñen feche acolchado para o peito e para a cintura. Un adulto non deberá portear máis do 20% ou do 30% do seu peso corporal. De 35 a 55 litros para as saídas de dous días e de mais de 55 litros para as rutas de mais de tres.

A comida
Para a comida, vai ao sinxelo e á sabedoria popular: non caias en consumismos absurdos de comida de montaña preelavorada. Refuga todos os 'novos inventos' que che ofrecen, e procura consumir produtos cercanos ao teu lugar de residencia, dos que saibas a orixen (mellor ainda se coñeces o produtor). Unha mínima cultura alimentar tamén fará mais levadeiras as túas marchas mais duras.Os principios básicos son a variedade e a regulariedade: os cereais (son ricos en hidratos de carbono e deben incluirse en todas as comidas, estes teñen que ser cando menos o 50% da tua dieta.); deben de consumirse tamén a diário froitas, legumes, verduras e hortalizas. Lembra que o consumo de líquidos nos roteiros é superior ao habitual (3 litros diários) debido ao exercício físico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical