29.10.12

Dodro: o Psoe denuncia a presenza dunha traballadora "pantasma"

  • Sinala que non se ten información dela nin do seu contrato de traballo
Media_httpfarm9static_hwjff

Dodro, 29 de outubro de 2012. O PSdeG-PSOE de Dodro presentou unha pregunta para o vindeiro pleno ordinario que se celebrará no mes de novembro. Nesa cuestión quere denunciar a presenza no Concello dunha “traballadora” da que os grupos políticos da oposición non teñen información e da que cren que carece de contrato de traballo, xa que, para ese posto, non houbo convocatoria pública nin se levou a Pleno Municipal ningunha nova contratación.

O grupo municipal socialista de Dodro critica esta actuación do goberno do alcalde Valentín Alfonsín, "posto que  foi  el o encargado de despedir a dúas administrativas do concello de Dodro  no seu Plan de Axuste Económico do concello xustificando que se podía prescindir do seu posto de traballo e que non era necesaria tanta xente".

Dende a Agrupación Municipal Socialista asegúrase que "non era que sobrara  xente, senón que estaba facendo sitio para determinada xente". E manteñen que "non é a primeira vez que o goberno do Sr. Alfonsín actúa deste xeito, xa que, ó pouco de despedir ás dúas traballadoras antes citadas, procedeu á contratación dunha persoa de confianza que supoñía un coste para o concello de máis de 40.000 euros anuais. Asimesmo, recentemente, contratou a unha arquitecta municipal, nun proceso que el mesmo calificou en Resolución da Alcaldía como “acordado e sen publicidade” e que supón para o Concello de Dodro un coste de máis de 1.500€/mes traballando tres días á semana".


Os socialistas dodrenses denuncian que "unha vez máis, o alcalde volta contratar a dedo a unha persoa da súa confianza, pasando por alto a convocatoria pública do posto e da contratación da citada persoa".

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical