23.10.12

Noia: a historiadora Aurora Marco, premio Luís Tilve 2012 na categoría de Investigación e Divulgación Histórica

Media_httpfarm3static_tgqrf

Aurora Marco, a que mira a cámara de fotos, nunha foto de arquivo feita na Habana. Ao seu pé, a escritora Pilar García Negro e o debuxante de banda deseñada MiguelAnxo Prado

Noia, 23 de outubro de 2012. Onte deuse a coñecer o fallo dos premios da Fundación Luís Tilve e entre eles resultou premiada a historiadora e escritora noiesa Aurora Marco, "polo seu traballo 'As mulleres na guerrilla antifranquista galega', que recupera os nomes destas mulleres para a nosa historia", segundo figura na acta do xurado.

Media_httpfarm6static_qnwch

Aurora Marco caracterízase na súa obra por reivindicar o papel das mulleres na historia de Galicia

Os premiados nos outros apartados foron:

  • Na categoría Traballo Digno: o xornalista pontevedrés Xabier Fortes. «Con este premio recoñécese a calidade, o rigor e a independencia dun profesional que cre nos medios públicos como espazo aberto ás preocupacións sociais dos cidadáns», sinalou o xurado destes galardóns.

 

  • Na categoría Acción Solidaria: o Proxecto Bubisher, «un autobús biblioteca que percorre os campamentos de refuxiados do Sáhara». Na actualidade participan máis dun cento de bibliotecas escolares galegas. Esta idea, xurdida do alumnado do colexio San Narciso de Marín, foi posta en marcha pola Asociación de Escritores por el Sáhara. (O ano pasado fora premiado o escritor Manuel Rivas). 

Media_httpfarm5static_ylnwx

Escaleiras en espiral do Museo do Pobo Galego

  • Na categoría Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns: Museo do Pobo Galego.

 

Os galardóns serán entregados este venres 26 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo.

Que son os premios Luís Tilve?

Ten toda a información na web da Fundación Luís Tilve, en http://www.fundacionluistilve.com/premios.php

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical