30.10.12

Ribeira: obras para poñer as beirarrúas do consistorio e nova grada do campo da Fieiteira

Ribeira, 30 de outubro de 2012.- Tres semanas despois de que se iniciase a obra de adecuación do entorno do edificio do Consistorio de Ribeira, xa empezan a ser visibles algunhas das melloras incluídas no proxecto, principalmente as novas beirarrúas máis anchas que, co fin de facer máis cómodo e seguro o tránsito de peóns, vanse estender pola zona obxecto da actuación.

Esta obra, que está sendo acometida por Construcciones Mirón y Gutiérrez S.L., permitirá ademais a instalación de elementos decorativos como xardineiras de madeira.

Lembra o Concello que a devandita ampliación, que ten un orzamento de 48.186,81 euros, afectará  tanto á rúa que descorre pola parte traseira do Consistorio (en ambas marxes) como aos dous laterais: o que está orientado cara á antiga oficina de Caixa Galicia e o de entrada e saída de Protección Civil.

Ademais, eliminaranse todas as prazas reservadas de aparcamento existentes na zona, que estaban destinadas a membros da Corporación, policía e persoal municipal; e colocaranse bolardos para evitar que os vehículos invadan as beirarrúas. Na parte traseira deixarase un carril central, xa visible, para a circulación de vehículos.

Grada no campo de céspede artificial 

Media_httpfarm3static_fbyse

Había moitas queixas sobre o estado do campo da Fieiteira

Mañá, mércores día 31, a partir das 9 horas, darán comezo os traballos de montaxe da grada prevista no campo de herba artificial do complexo polideportivo da Fieiteira. Esta instalación, desenvolvida a instancias da Concellería de Deportes que dirixe Juan Luis Martínez Queiruga, era unha das principais demandas dos usuarios e clubs do recinto deportivo, xa que ata o de agora unicamente existía no campo de herba unha cuberta contra a chuvia.

Agora, esta grada permitirá sentar a uns 200 espectadores, ao tempo que se manterá a cuberta citada. Se o tempo o permite, os labores de montaxe quedarán concluídos mañá.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical