1.10.12

Sociedade: Ámbar celebrou o seu 30 aniversario cun xantar de fraternidade

  • A conselleira en funcións e número 1 do PP pola provincia nas listas electorais do 21 de outubro, Beatriz Mato, aproveitou o acto para facer electoralismo ao falar do Plan de Acción Integral para persoas con discapacidade e da Lei de Accesibilidade.

[[posterous-content:pid___0]]
Foto: Xunta de Galicia

A Pobra do Caramiñal, 1 de outubro de 2012.- O trinta aniversario da asociación AMBAR para persoas con diversidade funcional celebrouse onte por todo o alto no Pazo Torre de Xunqueiras, cun xantar de confraternidade no que non faltaron autoridades como a titular en funcións da Consellería de Traballo e Benestar. Beatriz Mato felicitou á asociación polo labor desempeñado ao longo destes trinta anos e destacou “o importante esforzo e traballo que fai esta asociación para que a comarca do Barbanza sexa máis igualitaria, máis inclusiva e máis integradora”. A conselleira en funcións, número 1 do PP pola provincia da Coruña, aproveitou para facer un pouco de electoralismo cos alí congregados, como vén sendo xa habitual no goberno de Núñez Feijóo, ao que xa tivo que apercibir a Xunta Electoral en cinco ocasións por estas actitudes.

Segundo a propia nota da Xunta, Beatriz Mato "salientou a importancia de que as políticas sociais sigan sempre a senda da colaboración e o diálogo, e, por iso, destacou que a Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha o Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade, que establece unha estratexia transversal na que participan todos os departamentos da Xunta e que, ante todo, é un documento de consenso. Para finalizar, Mato fixo referencia ao desenvolvemento da Lei de Accesibilidade, un novo texto legal que actualiza a normativa anterior, adecuándoa á realidade e ás necesidades actuais das persoas con discapacidade". 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical