17.12.12

Boiro: o "Cachatronic Coop" no IES A Cachada aprendeulle ao alumnado a organizarse a xeito de cooperativa

  • Este martes 18 van estar no mercadillo de Boiro vendendo as súas creacións para financiarse unha viaxe a Porto

Boiro, 17 de decembro de 2012. Segundo nos informan Ana Moreiras e Flor Domínguez, do IES A Cachada, acaban de rematar case unha pequena iniciativa que tén lugar desde o Departamento de Tecno: "durante este trimestre estivemos traballando  na organización dunha cooperativa para financiar unha pequena viaxe a Porto. O obxectivo real da cooperativa é aprender certos valores laborais e destrezas vinculadas á busca de emprego (...), como podedes ver no proxecto (Cachatronic Coop.); o caramelo para eles é esa pequena viaxe, e o obxectivo, que sexan quen de organizarse colectivamente para a sufragación da mesma".

Segundo explican, a idea era vender os produtos que cada pequena empresa (cada grupo dentro da aula) elaborou, este martes (mañá) 18 de decembro no mercado. Solicitaron permiso no concello e foilles concedido, pero as condicións climáticas non lles permiten estar toda a mañá vendendo. "Aínda así, agardamos ter un posto no mercado desde as 12.15, e convidámosvos a virnos saudar e mercar algo!", animan as profesoras Flor e Ana.

Non deixedes de botar un vistazo ó que fixeron: se non fisicamente, si ás webs que elaboraron. Hai xoíñas como O Corte Jallejo ou Tarchapis. Dentro delas, cousas como propaganda REAL...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical