20.12.12

Dodro: actividades programadas para Nadal, ata a cabalgata de Reis

Dodro, 20 de decembro de 2012. O Concello de Dodro ofrece este Nadal un amplo programa de actividades para todas as idades, todas elas gratuitas.

Xunto co acendido do alumeado de nadal que se realizará este venres día 21 comezan as actividades co II Mundialito de fútbol sala por aldeas e que será entre o 17 e o 21 de decembro.

Dentro do programa Nadal Cultural, Obradoiros na Casa da Cultura para nenos/as entre 5 e 14 anos os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro de 10,30h a 13,30h. Nos obradoiros, pensados para facilitar a conciliación familiar e a diversión dos máis cativos, haberá cine, contacontos, obradoiros artísticos, xogos, panxoliñas, etc.

Nas instalacións da Paxareira:

O venres día 21, ás 18h Teatro infantil “Dous pallasos en apuros” para ao rematar recibir a visita de Papa Noel que recibirá a todos os nenos/as do Concello. 

O venres 28  de decembro Festa infantil de fin de ano para todos os rapaces/zas do Concello ás 17h con moito baile e moita diversión.

E pola noite ás 20h Teatro a cargo da compañía Trangalleiro coa obra “O enfermo imaxinario”, apto para todas as idades.

O 4 de xaneiro ás 18h Contacontos “Un conto de agasallo” e ao finalizar visita do Carteiro Real, que recollerá tódalas peticións das nenas e nenos para ás SS.MM os Reis Magos.

A tarde do sábado 5 de xaneiro a Cabalgata dos Reis Magos percorreran o concello a partir das 17h para rematar na Praza do Concello onde as SS.MM Os Reis recibirán a todos os nenos e nenas cun agasallo. Haberá chocolate con churros para todos/as e celebrarase o 2º Concurso de Pasteis, tartas e biscoitos do Concello de Dodro.

Queda pendente de data a IV Xornada benéfica deportiva prevista para o 15 de decembro e que foi suspendida por mor da choiva.

 

Cartel_cabalgata2013

TEATRO NADAL 28-12-12.pdf Download this file

Cartel concurso pasteis.pdf Download this file

TRÍPTICO ACTIVIDADES.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical