3.12.12

Sociedade: AMBAR celebrou o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional cunha "Marcha en Branco"

Ribeira, 3 de decembro de 2012. En conmemoración do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, hoxe día 3 de decembro de 2012, a Asociación AMBAR convocou unha MARCHA EN BRANCO coa que percorreu as rúas de Ribeira, partindo da Praza de España e rematando na Praza do Concello, onde se dou lectura a un manifesto ás 12.30h.

 
"Promovendo a toma de conciencia para escribir o futuro, nun momento de dificultades onde parece que todo se está quedando en branco, quixemos aproveitar ese espazo en branco para tratar de escribir as nosas propostas para un futuro mellor, onde todas as persoas dispoñan das oportunidades para poder vivir con dignidade", explicaron os organizadores.

 

Os socios de AMBAR, xunto con familiares e traballadores da entidade que participaron na marcha, estiveron acompañados por membros da Asociación A Creba, alumnos e profesores do IES Leliadoura, así como os concelleiros de Servicios Sociais  da Pobra do Caramiñal e Ribeira, Balbina Lojo e Vicente Mariño, a concelleira de Educación de Boiro, María José Lorenzo e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

 

A marcha rematou arrededor da unha da tarde coa lectura dun manifesto, e a entonación da canción “Somos una marea de gente”, á que algúns se animaron a sumarse e mesmo interpretar en linguaxe de signos.



A canción é de Macaco, do seu disco "Puerto presente"

 

Durante toda a mañá tamén foi instalada na praza do concello a  “Silla In-visible”, unha cadeira de rodas de considerables dimensións feita nos talleres de AMBAR e coa que se pretendía chamar a atención da cidadanía nun día tan sinalado coma o de hoxe.


Manifiesto 3 dic 2012 VF.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical