8.1.13

A Pobra: o Psoe pide que se repoña a cabina de taxis dos xardíns Valle Inclán ante o deterioro da actual

Sam_0023


A Pobra, 8 de xaneiro de 2013. O grupo socialista pobrense vén de presentar no Concello unha moción na que se solicita que se poña unha cabina nova para os taxistas nos xardíns Valle Inclán, xa que a actual, como se intúe na imaxe, está totalmente deteriorada.

Moción completa

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando  o cambio da cabina dos taxistas.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Transformar radicalmente a imaxe da cabina de teléfono da parada de taxis situada nos Xardíns Valle Inclán, é imprescindible xa que está totalmente deteriorada e está afectando ás condicións de traballo dos profesionais e dos usuarios cando requiren do servizo.

A cabina ten humidades por todos os lados afectándolle incluso a electrónica do teléfono polo que moitas veces este deixa de funcionar. O cristal está roto, a bisagra da porta descolgada e ata lle rouban o teléfono con frecuencia, cunha media de dous teléfonos por ano subtraídos.

Modernizar esta instalación é prioritario, contando ca aprobación dos profesionais do taxi, para mellorar de forma notable o seu traballo, o que repercutirá nun mellor servizo para todos os usuarios.

En tempos difíciles, como os actuais, non debería ofrecer dúbida a mellora das condicións de traballo do gremio de taxistas. Noutros pobos limítrofes xa acometeron estas melloras, por exemplo, en Ribeira contan con unha cabina modesta en cambio en Noia teñen unha cabina en condicións óptimas.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

Que o goberno do municipal substituía a cabina dos taxistas para que poidan desenrolar o seu traballo en condicións dignas e que a cabina se integre no entorno no que está ubicada.

A Pobra do Caramiñal, 07 de xaneiro de 2013



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical