6.3.13

Dodro: presentado o protocolo contra a violencia de xénero

Img_9502

Dodro, 6 de marzo de 2013. Onte, no Salón de Plenos do Concello, presentouse o Protocolo Municipal contra a violencia de xénero coa presenza da Secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, os alcaldes e as concelleiras das áreas de Igualdade dos concellos de Padrón e Rois.

No acto tamén estiveron presentes o persoal que colaborou na elaboración de este protocolo, persoal técnico implicado no tratamento e atención ás vítimas, da sanidade, da seguridade do estado, de protección civil, da administración de xustiza, dos centros educativos e dos servizos sociais do Concello. 

Abriu o acto a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga Grela, que reivindicou os dereitos das mulleres recordando que hai que seguir avanzando para conseguir a igualdade entre homes e mulleres e erradicar a discriminación e a violencia de xénero. Enumerou os programas específicos que o Concello leva a cabo ao longo do ano dirixidos á educación en valores, conciliación e formación, prevención e sensibilización da violencia de xénero.

Presentou o protocolo como “unha ferramenta moi importante para dar unha resposta eficaz ante casos de violencia machista”, rematando que o concello ten a intención de seguir traballando nesta liña para que algún día por fin se acaden estes obxectivos.

A Secretaria xeral de Igualdade na súa intervención alabou a iniciativa  do concello coa elaboración do protocolo, animándoo a traballar nesta liña e recalcou a necesidade de seguir colaborando para lograr unha sociedade de benestar onde non teña cabida a violencia de xénero. Pechou o acto o alcalde de Dodro, Valentin Alfonsín Somoza, quen agradeceu o bo traballo a todas as persoas que colaboraron na elaboración do protocolo.

Destacou que con este protocolo a mensaxe é que “estamos preparados e coordinados para enfrontarnos a quen exerce a Violencia contra as mulleres”, que contra a violencia de xénero " a permisividade debe ser cero e contundencia máxima e que cada caso de violencia de xénero é un fracaso da nosa sociedade".

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical