20.3.13

Ribeira: Aguiño xa conta cunha pista polideportiva adicada ao S.D. Xuventú Aguiño

  • O alcalde estivo inaugurándoa esta tarde
Media_httpfarm9static_bxjdl

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, presidiu esta tarde o acto de inauguración da nova Pista Multideporte ‘S.D. Xuventú Aguiño’ situada fronte ao campo de fútbol de A Tasca.

O acto contou coa presenza de boa parte da xunta directiva deste club, co seu presidente José Manuel Vilas Álvarez á cabeza, ademais de outros membros como Ramón Gude Fernández, Rosa Vidal Fernández, María Vidal Fernández e Teresa Sampedro Canedo, ademais de outro presidente histórico da entidade como foi Manuel Regueira Fernández.

Ruiz Rivas recordou que este é a cuarta pista multideporte que o Concello de Ribeira vén de poñer en funcionamento nesta lexislatura, despois da apertura da ‘Irmáns Parada Alvite’ (“os primeiros grandes profesionais do fútbol que tivemos no concello”), a que se sitúa na praza do Centenario e a “Irmáns González Pérez”, recentemente inaugurada (“os únicos galegos que recolleron unha Copa do Rei e unha Liga”). O alcalde anunciu que se fará algunha máis, tal vez neste mesmo ano.

Así mesmo, manifestou que a Corporación quixo dedicar esta cuarta pista a un club “que dende fai moitos anos é exemplo de traballo, esforzo e bo facer” e que foi pioneiro nalgunha das súas facetas, tanto traballando as categorías base como apostando polo fútbol feminino cando ningún outro equipo do entorno ofrecía esta posibilidade.

Pola súa parte, José Manuel Vilas agradeceu ao Concello de Ribeira que realizase esta obra, que lle vai ser de suma utilidade aos rapaces do club.

Acto seguido, ambos procederon a descubrir un panel onde se resumen os méritos do Xuventú e, a continuación tería, lugar un partido na pista, de 40x20 metros, entre dúas formacións de categoría benxamín, baixo a atenta mirada de todos os veciños que quixeron estar presentes neste acto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical