1.3.13

Ribeira: a Anpa "Caramecheiro", do IES Número 1, promove novas actividades extraescolares

  • A campaña de descontos, coa colaboración de 30 establecementos, é unha das iniciativas máis rechamante


Entre as actividades extraescolares atópase a informática para nais e pais

Ribeira, 1 de marzo de 2013. As novas iniciativas de interese para os socios neste curso amplíanse agora cunha campaña de descontos para os socios nos 30 establecementos engadidos a tal fin. En poucos días todas as familias asociadas dispoñerán dun carné acreditativo coa duración do curso escolar, co que lles farán descontos en máis de 30 comercios-empresas.

Esta interesante iniciativa de seguro animará a pais e nais, que aínda non son socios da ANPA Caramecheiro, a sumárense á asociación no traballo polos intereses dos seus fillos e fillas estudantes do IES Nº1 de Ribeira.

Actividades

O luns 4 de marzo iniciarase un Curso de Informática para nais e pais de manexo de Internet básico. A duración do curso será de marzo a abril, os luns e mércores de 19.30 a 21.00 h. Prezo: 10 €/mes (socios) e 25 €/mes (non socios).

Tamén comeza oferta de Ximnasia para adultos, a cargo de profesorado titulado, que se impartirá no IES Nº1, os martes, xoves e venres de 20.30 a 21.30 h. Prezo: 15 €/mes (socios); 20 €/mes (non socios).

Continúan as reunións no Club de lectura, un xoves ao mes no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira. O vindeiro o 21 de marzo, ás 20.30 h, será a seguinte sesión. Para obter máis información sobre o club de lectura anpacaramecheiro@gmail.com

Viaxe cultural

A organización dunha viaxe cultural a Cantabria, dirixida fundamentalmente ao alumnado, pecha polo de agora esta interesante oferta de actividades.

Promoción social

A ANPA Caramecheiro vén de colaborar, ademais, na compra de materiais e instalación de dúas mesas de ping-pong e unha de xadrez nos espazos anexos ao IES Nº1. Este mobiliario realizárono, como parte do Programa de incorporación social polos usuarios e usuarias do Obradoiro de Carpintería da Unidade de Día da Unidade de Drogodependencias do Concello de Ribeira.

Horario de atención a pais e nais

ANPA Caramecheiro terá a partir de agora horario de atención aos pais e nais, os martes de 18.00 a 19.00 h, no I.E.S Nº1, onde tamén poderán inscribirse nas diferentes actividades e recoller os carnés de socios. Información actualizada a través do web www.anpacaramecheiro.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical