5.3.13

Ribeira: o Concello copia ao de Lousame e homenaxea ás leiteiras o Día da Muller Traballadora


Estatua da leiteira en Ourense

Ribeira, 5 de marzo de 2013.- Con motivo da conmemoración este 8 de Marzo do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello decidiu homenaxear ao colectivo de leiteiras do municipio. Igualiño que o de Lousame, que fará o acto o vindeiro domingo, como xa anunciamos.

Con tal motivo, o Concello está a preparar un acto que se desenvolverá  o propio venres ao mediodía no salón de plenos do Consistorio e no que se prevé contar cunha presenza multitudinaria de mulleres que no termo municipal riveirense se dedicaron a este oficio hoxe practicamente desaparecido. Estímase que serán máis de 70 o número de profesionais reunidas, cada unha das cales recibirá un diploma conmemorativo e unha flor. Ademais, está previsto que á máis veterana das asistentes se lle faga entrega do obsequio institucional consistente no faro de Corrubedo en cerámica de Sargadelos.

Será o propio alcalde Manuel Ruíz Rivas o que presida este acto, no que participará tamén entre outros a concelleira de Xuventude e Igualdade, Aroa Fernández Cadórniga.

Dende o Conservatorio Profesional de Música de Ribeira amenizarase o acto coa representación dunhas pezas de saxo. Será un cuarteto integrado por tres alumnos da Aula Galega de Saxofón, un seminario do conservatorio que se leva a cabo durante todo o ano.

Dende fai máis de dez anos, no Día da Muller Traballadora a Oficina de Igualdade do Concello de Ribeira en colaboración coa Asociación de Amas de Casa organizan para esta data un acto no que se homenaxea a un colectivo de mulleres cun oficio ou profesión determinado.

Noutros concellos:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical